INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
|
Formación Empresarios, Autónomos |
Obxectivos
O obxectivo dos cursos é a mellora das capacidades empresariais e a actualización de coñecementos, especialmente para aqueles profesionais que acaben de iniciar a súa actividade e/ou se atopen na fase de consolidación do seu negocio. Para iso organízanse seminarios con diferentes entidades aos que poden asistir tódolos autónomos interesados.
Oferta formativa
A oferta formativa estrutúrase nas seguintes áreas:
- Seminarios xerais: Formación para autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos de importancia para o seu negocio como a dirección e organización, a fiscalidade, a comercialización e captación de clientes, a xestión económica, etc.
- Formación on-line: oferta dun amplo catálogo de cursos que se realizan a través da Plataforma de Teleformación.
Inscribirse nun seminario
As persoas interesadas en asistir como alumno poderán consultar na Axenda de Cursos da Web de Bic Galicia as datas e lugares de realización dos diferentes cursos, así como a entidade que participa na súa organización. Ou tamen poden acceder a sección Consolidación Empresarial, en dónde podrá ver máis información e insribirse nos diferentes proxectos abertos.
Para realizar os cursos on-line abondará con consultar as convocatorias abertas no Campus Virtual da Web.
|