INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicio > Emprendedores > Asesoramento
Asesoramento

Os emprendedores que o desexen poden recibir asesoramento e oritentación sobre o proceso de elaboración do seu plan de empresa, así como sobre outras cuestión e dúbidas habituais no proceso de creación dunha empresa.

Unha destas dúbidas máis frecuentes é sobre as axudas e subvencións que pode recibir un proxecto empresarial, éste tipo apoios poden consultarse na Base de axudas e subvencións  do Intituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organismo que dispón ademáis dunha liña de atención telefónica específica para informar das súas propias liñas de apoio a emprendedores e empresarios (902 300 903).

Tipos de Asesoramento:

  • Asesoramento presencial.- A través do Programa Emprendedores IGAPE os emprendedores poden solicitar o servicio dun titor persoal que lle guíe na elaboración e estudo do seu plan de negocio.
  • Asesoramento on-line.- Os emprendedores poden prantexar dúbidas sobre cuestións relacionadas coa súa idea ou proxecto empresarial e/ou sobre o uso dos diferentes recursos de Bic Galicia a través da web.
  • Derivación de proxectos.- A través do Mapa de Recursos os emprendedores poden coñecer que entidades e organismos  lles facilitarán asesoramento dentro do seu propio municipio ou comarca.