INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Recursos de Avaliación
O Viable 2020 é unha ferramenta de análise económico-financeiro que o IGAPE pon a disposición dos usuarios, coa finalidade de posibilitar o estudo da viabilidade de novos proxectos empresariais.
Deseñada baixo a premisa de ofrecer un recurso de manexo doado para usuarios non profesionáis, ofrece ao mesmo tempo unha análise rigorosa e completa dos parámetros máis relevantes e comúnmente utilizados neste contexto.
Máis información, dúbidas sobre o manexo ou suxerencias: viable@bicgalicia.es
Descargar a ferramenta
NOTA LEGAL.- O IGAPE non se responsabiliza dos resultados ofrecidos pola utilización desta ferramenta..
Trátase dunha aplicación executada en entorno office, con Microsoft Word e Excel.
XATEmprego
BIC Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar poñen en producción o XATEmprego, un novo sistema telemático de
elaboración e xestión de actividades que permite avaliar, en tempo real, as actuacións desenvolvidas polos/as Técnicos de Promoción Económica.
A través desta ferramenta perséguense os seguintes obxectivos:
- Permitir aos/as Técnicos de Emprego un rexistro diario da súa actividade, permitindo obter unha información actualizada sobre a xestión e resultados dos servizos ofertados, facilitando o posterior tratamento dos datos, tanto dende o punto de vista cualitativo coma cuantitativo.
- Garantir a homoxeneidade na elaboración de memorias periódicas que os/as Axentes deben remitir á Consellería de Traballo e Benestar.
- Axudar ao/á Técnicos de Emprego na xestión das súas actividades a partir da incorporación de utilidades tales como o recordatorio de tarefas pendentes, a posibilidade de realizar buscas en base a diferentes criterios, elaborar bases de entidades colaboradoras, confeccionar listados, etc.
- Pretendese que, a partir dos datos incoporados polos Axentes de Promoción Económica se poda obter un observatorio de emprendemento que permita a BIC Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar a realización de actividades de apoio dirixidas a grupos concretos de emprendedores e empresarios.
Instrucciones de alta na Axencia de Protección de Datos por parte das entidades colaboradoras dos ficheiros de XATEmprego
Máis información: Web BIC Galicia