INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicio > Emprendedores > Formación
Formación para emprendedores

Obxectivos

Os seminarios destinados aos emprendedores teñen como obxectivo final a capacitación dos promotores nos aspectos relacionados co estudo e  avaliación do seu proxecto empresarial.  Facilitando, deste xeito, a creación de empresas viables e coas maiores garantías posibles de éxito.

 

Oferta formativa

Os emprendedores poden realizar diferentes tipos de curso en función do grado de maduración do seu proxecto:

  • Seminarios de creación de empresas para persoas emprendedoras: Analiza o proceso que media entre a motivación e a xeración dunha idea empresarial.
  • Seminarios de xeración e maduración e avaliación de ideas: Facilita a aparición de ideas empresariais e a súa primeira avaliación.
  • Seminarios de planificación empresarial para a creación de proxectos empresariais: Neste curso os asistentes elaboran o plan de negocio do seu propio proxecto.

Os seminarios impártense de forma presencial en colaboración con distintas entidades como concellos, colexios profesionais, cámaras de comercio, centros educativos, asociacións empresariais etc. en localidades das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e de forma telemática a través do campus virtual de Bic Galicia.

Os cursos están subvencionados ao 100% polo que a súa realización non implica coste económico para os alumnos

 

Inscribirse nun seminario  

As persoas interesadas en asistir como alumno poderán consultar na Axenda de Cursos  da Web de Bic Galicia as datas e lugares de realización dos diferentes cursos, así como a entidade que participa na súa organización.

Para realizar os cursos on-line abondará con consultar as convocatorias abertas no Campus Virtual   da Web.

 

Organizar un seminario

As entidades interesadas en organizar algúns dos cursos no seu territorio e/ou centro, deberán poñerse en Contacto con nos.