INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicio > Emprendedores > Recursos > De información
Recursos de información

 

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Ofrecen información sobre: Análise da demanda, Provedores, Clientes, Análise de competitividade, Financiamiento, Convenios colectivos, Feiras, Axudas, Normas sectoriais ...

Analízanse sectores: Agricultura, gandaría e pesca. Comercio por maior e por menor.  Mobles e carpintaría metálica. Fabricación produtos. Produtos artesanais. Atención sanitaria. Asesoría e consultoría. Actividades de formación. Atención á terceira idade e nenos. Ocio, diversión e cultura. Transporte e reparación de vehículos. Imaxe, comunicación e son. Novas tecnoloxías.  Turismo e Hostalaría...

Oportunidades de negocio en entornos locais : Estes documentos conteñen a información das Oportunidades de Negocio realizadas para Galicia, pero con información adaptada á realidade socioeconómica de cada territorio de análise.

BANCO DE PROXECTOS

O Banco de Proxectos empresariais é unha base de datos con máis de 120 ideas que se converteron en empresas.

Cada ficha conten información sobre os aspectos máis importantes de cada unha delas, como a orixe da idea, a inversión necesaria para poñela en marcha, o xeito en que dita inversión foi financiada, o perfil dos emprendedores, as claves do éxito, as dificultades inicias, os riscos aos que se enfrentan.

 FICHAS INFORMATIVAS (MEMOFICHAS)

Explicación detallada de Trámites de constitución dunha empresa, Formas Xurídicas, Obrigas do empresario, Contratos: laborais, de compravenda, arrendamentos, bancarios, .... Protección de ideas, sistema fiscal e de financiamento, etc. Necesarias tanto nos comezos como no funcionamento diario dunha empresa.

MODELOS PLAN DE NEGOCIO

Cada modelo desenvolve un proxecto empresarial de forma íntegra, mostrando unha análise da viabilidade técnica, comercial, financeira e económica da futura empresa, co obxectivo final de presentar un documento completo, que sen substituír o traballo específico do emprendedor ou do técnico, lle facilite información de interese e lle sirva coma exemplo e referencia para o desenvolvemento do seu propio plan de negocio.

  

MANUAIS PRÁCTICOS DA PEME

Documentos que ofrecen a emprendedores e empresarios as pautas necesarias para crear a súa propia análise en temas de xestión empresarial, tales como: mercadotecnia, internacionalización, innovación, novas tecnoloxías, etc.

  

PROCEDEMENTOS DE XESTIÓN

Os procedementos explican as formas de realizar diferentes tarefas de xestión, produción, atención ao cliente etc. a partir dun fluxograma de tarefas e das persoas responsables na coordinación, realización e avaliación da acción

.