INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inicio > Axentes de emprego > Blogs da Rede
Blogs da Rede

Este apartado recolle unha serie de blogs de promoción económica, coa finalidade de dar a coñecer, ao público en xeral, as accións que realizan os técnicos da rede e o modo de publicitalas, proporcionando, ao mesmo tempo, un apoio a todos aqueles profesionais especializados na creación de empresas e o apoio aos emprendedores.

 Algúns destes blogs xurden tras participar os seus autores nas distintas edicións da xornada "A promoción económica mediante o uso de blogs" que impartiu a UPD Coordina Local en diversas localidades ao longo do ano 2010.


Axencia de Desenvolvemento Local Cangas

Axencia de Desenvolvemento Local de CangasPrograma e/ou entidade: Axencia de Desenvolvemento Local Cangas 
 
Descrición: Este blog pretende poñer de manifesto as "Reflexións sobre emprego a nivel local" no Concello de Cangas, polo que achega información sobre o clube de emprego e os servizos que se prestan (intermediación laboral, autoemprego, formación, etc.).
 
Autores: Carmen Fandiño Docío
 
http://adlcangas.blogspot.com/

 
Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cortegada

Programa e/ou entidade:  Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cortegada. Concello Cortegada

Descrición: Blog do Concello de Cortegada, onde se pode atopar información sobre as distintas liñas de axudas, cursos ou accións de fomento do emprego. Tamén os eventos e actividades que se realicen, tanto en Cortegada coma noutros concellos limítrofes.
 
Autores:  Diana Rodríguez
 
http://desenvolvementocortegada.blogspot.com/

 
Arousa-norte EMPREGO

 Programa e/ou entidade: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.Arousa Norte emprego

Descrición: Este servizo nace co obxectivo de facilitar e impulsar actividades xeradoras de emprego, contribuíndo desta maneira no desenvolvemento socioeconómico do territorio dos catro concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Riveira e Rianxo.
 
Nesta páxina podedes atopar todo o referente ás súas actividades, pero sobre todo aquelas relacionadas cos catro piares da entidade: investigación (analizar os recursos locais para o seu aproveitamento en proxectos empresariais), información (sobre axudas e subvencións), acompañamento na elaboración do plan de empresa e asistencia técnica no inicio do seu proxecto empresarial.

Autores: Ana Agrelo

http://arousanortemprego.wordpress.com
 

 
CISF Emprego

Entidade: CISFCISF Emprego
 
Descrición: A idea deste blog é que as persoas que estean a realizar unha busca activa de emprego, teñan un lugar actualizado diariamente no que poidan ver as ofertas de emprego máis significativas e que se adecúen ás súas necesidades; así mesmo, publicaranse artigos prácticos para realizar CV, encarar satisfactoriamente as entrevistas, etc.. e tamén informar da existencia dun asesoramento personalizado en cada Provincia.

Autora: Diana Rodríguez Rodríguez
 
http://blogemprego.blogspot.com/ 

 
Fundación Ronsel

Programa e/ou entidade: Fundación RONSELFundación Ronsel
 
Descrición: O Blog da Fundación Ronsel quere ser, ademais dunha bitácora de información,  un punto de encontro de opinións diversas que lles aporten e suxiran  liñas de actuación con respecto ao seu obxectivo primeiro: o fomento do emprego.
 
Nesta páxina podedes atopar todo o referente ás súas actividades, pero sobre todo aquelas relacionadas cos catro piares da entidade: inserción laboral, orientación, emprego e autoemprego; xunto con novas de ámbito autonómico que teñan relación cos devanditos eidos.
 
Autores: Fundación RONSEL 
 
http://fundacionronsel.org

 
Afiprodel

AfiprodelPrograma e/ou entidade: Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local

Descrición: Recolle novas, artigos, ferramentas e ligazóns de interese para os profesionais de desenvolvemento local.

Autor/es: Afiprodel

 http://www.afiprodel.org  
 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Fin >>

Páxina 1 de 2