INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Seminarios de creación de empresas para emprendedores
BIC Galicia organiza e imparte este Seminario de Motivación Emprendedora, que ten unha duración aproximada de 3 horas.
O obxectivo desta sesión é achegar os asistentes á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plan de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.
Consulte a Axenda de cursos para ver as convocatorias dispoñibles.
BIC Galicia organiza e imparte este seminario de xeración e maduración de ideas, que ten unha duración de 15 horas, distribuídas ao longo de tres xornadas. Estas sesións combinan tres grandes grupos de actividades:
- Unha tarefa de xeración de ideas a partir da análise de 34 fontes.
- Unha tarefa de maduración de ideas para a súa transformación en ideas empresariais.
- Unha tarefa de avaliación da idea de negocio.
Consulte a Axenda de cursos para ver as convocatorias dispoñibles
BIC Galicia organiza e imparte este seminario de planificación empresarial, que ten unha duración de 35 horas.
O seminario consta de sete sesións de formación e dúas sesións de asesoramento de proxectos.
Nas sete sesións formativas facilítase ao emprendedor a metodoloxía e ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa.
Consulte a Axenda de cursos para ver as convocatorias dispoñibles