Manuais prácticos de xestión
- Como aplicar o merchandising no establecemento
-
Presenta os beneficios e as características principais do merchandising, así como a forma de aplicalo e rentabilizalo nun pequeno establecemento comercial.
- Como elaborar un plan de marketing
-
Ofrece unha visión íntegra do marketing como concepto e como ferramenta de traballo na xestión diaria da empresa.
- Como realizar un estudio de mercado
-
Explica o proceso que se debe seguir na elaboración dun estudio de mercado, combinando a información teórica cun exemplo práctico.
- Como utilizar internet para o meu negocio
-
Explica como empregar internet no negocio para mellorar a calidade do servizo e incrementar os beneficios.
- Innovación empresarial
-
Expón os procedementos habituais de xestión da innovación e a súa aplicación no funcionamento do negocio.
- Como valorar un proxecto de investimento
-
Presenta os métodos e ferramentas que permiten analizar un proxecto de investimento ou un novo negocio, en termos de rendibilidade.
- Como converter a miña empresa en exportadora
-
Recompila as pautas a seguir para a introdución dunha empresa na exportación. Preséntanse casos prácticos para facilitar a comprensión e aplicación dos conceptos teóricos.
- Como xestionar as vendas
-
Expón unha serie de consellos para realizar unha correcta xestión da totalidade do proceso de venda na empresa: a dirección comercial, a estratexia comercial, o departamento de vendas, a xestión de clientes e técnicas de venda.
- Como elaborar o cadro de mando
-
Realiza unha aproximación ao concepto do cadro de mando integral e á importancia que pode ter para a empresa, definindo con exemplos cal é a súa aplicación práctica e como debe implantarse nunha organización.
- Como elaborar o plan de comunicación
-
Recolle os principias ámbitos da comunicación dentro da empresa amosando as ferramentas e estratexias dispoñibles para a súa correcta xestión cara ao interior e o exterior da empresa.
- Como xestionar a tesourería
-
Realiza unha aproximación ás tarefas do tesoureiro dunha empresa, principalmente referidas á previsión das saídas e entradas de fondos, así como á selección dos medios que permiten acadar o equilibrio da tesourería.
- Como calcular custos e elaborar orzamentos
-
Axuda a comprender os distintos elementos que conforman o custo unitario total dos produtos ou servizos e a fixar prezos reais e adecuados ao mercado. Tamén dá pautas para a elaboración dun orzamento.
- Como crear unha marca
-
Ofrece unha visión do que abarca hoxe unha marca a través dun esquema organizado e intuitivo de cales son os pasos que hai que seguir para construír unha marca poderosa.
- Comunicación e mercadotecnia 2.0
-
Este manual explica en qué consiste o entorno 2.0 e que cambios, oportunidades e retos supón para a xestión empresarial, especialmente na área da mercadotecnia.
- Dirección estratéxica empresarial
-
Este manual é unha introdución ás cinco áreas básicas de xestión da empresa: Dirección estratéxica, Dirección de marketing e comercial, Dirección de operacións, Dirección de control e xestión.
- Guía básica de financiamento
-
Describe os princiais instrumentos financeiros do mercado, mostrando as súas características básicas e o uso máis idóneo en función das necesidades de cada proxecto de investimento ou gasto.
- Diagnóstico financeiro da empresa
-
Ofrece unha metodoloxía e instrumentos de interpretación e análise da información económica e financeira da empresa.
- Negociación bancaria
-
Mostra pautas para afrontar o proceso de negociacións, comentando que elementos valoran as entidades financeiras ao estudar as distintas operacións.
- Instrumentos financeiros para a internacionalización da empresa
-
Explica dun xeito sinxelo, os instrumentos financeiros máis empregados en operacións internacionais.
- Conceptos xurídicos básicos
-
Expón os coñecementos básicos para que los empresarios y autónomos poidan coñecer e comprender os aspectos xurídicos que condicionan a xestión interna da empresa e as súas relacións cos traballadores.
- Planificación e xestión dos recursos humanos
-
Contén elementos teóricos e prácticos que fan referencia á planificación e xestión do persoal na empresa, tendo en conta a aprendizaxe de técnicas de selección, motivación, administración e retribución do equipo humano que a integra.
- Como presentar un proxecto en público
-
Unha presentación empresarial pode ter como finalidade persuadir á audiencia para que financie un proxecto, compre un producto ou servizo, participe no proxecto...etc. Explicamos os elementos que forman parte dunha boa presentación: Medios, fases e técnicas básicas.

