Prevención de riscos no pequeno comercio
Evento
- Cuándo:
- 29/09/2009 21:00 h - 23:00 h
- Dónde:
- Asoc. de Empresarios de Padrón, Rois e Dodro - PADRÓN
- Categoría:
- Empresarios
Descripción
Celebrarase o 29 de setembro e o 1 de outubro.
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores do pequeno comercio.
Obxectivos:
Combater dun xeito activo a siniestralidade laboral. Integrar a prevención de riscos laborais nos sistemas de xestión das empresas comerciais. Dar a coñecer o marco normativo existente en materia de prevención de riscos laborais. Fomentar a actividade e a cultura preventiva entre os/as traballadores/as.
Contidos:
1. Introducción á lei de Prevención de Riscos Laborais: 1.1 O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco; 1.2. Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo; 1.3. Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais; 1.4. Dereitos e deberes básicos nesta materia.
2. Riscos xerais e a súa prevención: 2.1 Riscos ligados ás condicións de seguridade; 2.2 Riscos ligados ao medioambiente de traballo; 2.3. A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral; 2.4. Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual; 2.5. Plans de emerxencia e evacuación; 2.6. O control da saúde dos traballadores.
3. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa.
4. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos: 4.1. Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo; 4.2. Organización do traballo preventivo: rutinas básicas; 4.3. Documentación: recollida, elaboración e arquivo.
5. Primeiros auxilios.
Duración: 4 horas
Profesores:
Pablo Cobas Sande, Alberto Mantiñán Paredes
Organiza:
Bic Galicia en colaboración coa Asociación de Empresarios de Padrón, Rois e Dodro.
Información e inscricións:
Asociación de Empresarios de Padrón, Rois e Dodro
TEL.: 981 811 015
Lugar
- Colaborador:
- Asoc. de Empresarios de Padrón, Rois e Dodro
EventList powered by schlu.net
